Monday 29 de April de 2024

Unha exposición que se exhibe na UAD traza unha radiografía sobre a problemática da violencia de xénero en distintos países


A mostra itinerante está promovida por Aministía Internacional

A sede da Unidade de Drogodependencias de Riveira está a exhibir ao longo da presente semana unha exposición itinerante promovida por Aministía Internacional dedicada á violencia de xénero.

A concelleira de Servizos Sociais, Esther Patiño, e a primeira tenente de alcalde, Fabiola García, visitaron hoxe esta mostra, formada por un total de 14 grandes paneis que trazan unha radiografía en torno a esta problemática en países como os Estados Unidos, Albania, Haití, México, Indonesia, os países nórdicos, Irak, etc…

Usuarios da UAD participantes no taller de carpintería deste servizo colaboraron na montaxe da exposición, que poderá ser visitada ata o día 18 de marzo, en horario de 9 a 14 horas.